14.1.09

Ciclistas

Para compensar que o problema anterior era demasiado sinxelo, aquí tedes un demasiado difícil. Tanto, que creo que nin os vosos compañeiros de bacharelato serán quen de resolvelo, a ver se estou trabucado. En fin, imos ao conto:



Ourense e Ponferrada están conectadas por unha estrada. Co amencer Brais comeza a andar en bici de Ourense a Ponferrada, e simultaneamente Antía comeza a facer o mesmo, pero de Ponferrada cara Ourense. Ámbolos dous ciclistas circulan a velocidade constante e crúzanse ao mediodía. Brais chega a Ponferrada ás 17:00, e Antía a Ourense ás 23:15. A pregunta é:

A que hora amencera?


Agora, a escornarse ...


5 comentarios:

  1. angela.r. 1º b1/20/2009 03:56:00 PM

    ola que tal que cuentas yo no lo se pero digo a las 7:45 pero lo digo al chou dime si me aproximo pero bueno en clase cuentanos algo sobre los problemas y haznos alli alguno y porfavor dejanos usar la calculadora

    ReplyDelete
  2. Máis cedo, Ángela, bastante máis cedo... O uso da calculadora xa sabes que depende de que non a necesitedes. Polo de agora é obvio que hai que practicar máis. Eu son o que máis desexa esquecer esas aburridas contas, créeme.

    ReplyDelete
  3. sairon as 4.30. SUPOÑO QUE A BICI DE BRAIS É MELLOR. ¿N0N?
    MARIANGEL

    ReplyDelete
  4. Xa debía ser difícil o problema que tivo que resolvelo a xefa!
    Ah, pode que a bici de Brais non fose mellor, pode que Antía estivera admirando a paisaxe, quen sabe...

    ReplyDelete
  5. Digo eu que amencera a mesma hora de sempre

    ReplyDelete