28.1.09

Exames, exames...

Hoxe toca un problema dun estilo estraño: é mellor saber pouco que moito para resolvelo, pois se un tenta utilizar ferramentas matemáticas sofisticadas (álxebra, sistemas de ecuacións...) pode perder de vista o quid da cuestión. Velaquí o problema de hoxe:
Un exame ten 30 preguntas de escolla múltiple. Obtés 5 puntos por cada resposta correcta, 1 punto por cada resposta en branco e 0 por cada resposta incorrecta. Ao final do exame, 5 estudantes están a falar sobre os seus resultados:
  • Antía di: "Eu saquei 147 puntos"
  • Brais di: "Eu 144"
  • Carolina: "Pois eu 143"
  • David: "Eu menos aínda, 141"
  • Eva: "Non te queixes, eu saquei 139"
A cuestión é que só un deles sumou ben os seus puntos, e vós tedes que saber quen foi e cantas respostas acertou, cantas fallou e cantas deixou en branco. Ánimo.

3 comentarios:

  1. angela.r 1º b1/28/2009 09:09:00 PM

    david q fixo 29 ben e unha en branco

    ReplyDelete
  2. perdon equivoqueime

    ReplyDelete
  3. angela.r 1º b1/28/2009 10:51:00 PM

    28 ben 1 en blanco e 1 mal

    ReplyDelete