8.1.09

Listos e guapos

Non vos trabuquedes, non falo de ninguén en particular. Este é o título do primeiro problema que vos deixo eiquí. É bastante difícil (creo eu), pero espero que alguén o resolva. Lembrade poñer o voso nome e inicial do apelido nos comentarios, aínda que non vos saia por completo. Aí vai:

Supoñamos que o 25% da xente lista é guapa e que a metade da xente guapa é lista. Supoñamos ademais que o 25% de toda a xente non é nin guapa nin lista. Que porcentaxe de toda a xente é guapa e lista ao mesmo tempo?

Déixovos un esquema para que o entendades mellor:


7 comentarios:

  1. a mi me da un 6,6666...%

    ReplyDelete
  2. tamen me da 16,877 aver se algun esta ben

    ReplyDelete
  3. Pois de momento non, Ángela, pero estás preto da solución. Xa me comentarás na clase como o pensaches. Avisei de que era bastante difícil, e máis para os alumnos de 1º de ESO, que aínda non vistes o tema de porcentaxes.

    ReplyDelete
  4. a min dame un 15% esta ben?¿

    ReplyDelete
  5. Saúdos, Teresa. E como chegaches a ese resultado? Aos teus compañeiros seguro que lles vai aproveitar.
    Por certo, é correcto. Non era sinxelo.

    ReplyDelete