27.1.09

Paradoxos



Esta estraña palabra é moi usada en Matemáticas e Filosofía, e fai referencia a algo á primeira vista imposible, pero que, ben entendido, acaba por ter sentido (grosso modo). O problema de hoxe está relacionado co "Paradoxo de Simpson". Velaquí o problema:

Os hospitais do Barco e Ponferrada tratan a 100 enfermos cada un durante un ano. Cada paciente sofre unha das dúas seguintes enfermidades: neumonía e meninxite. Sabemos que o hospital do Barco sanda unha porcentaxe maior de pacientes que o de Ponferrada. Sen embargo, o hospital de Ponferrada sanda unha maior porcentaxe de pacientes de neumonía e tamén unha maior porcentaxe de enfermos de meninxite. O voso traballo é atopar unha situación na que isto poda ser certo.

Por certo, na imaxe da cabeceira podedes ver un cultivo de estreptococos A.

1 comentarios:

  1. Pois profe, por exemplo, o 25% de os enfermos de neumonia e meninxite tretaos o barco, o 75 % ponferrada, pero se os hospitais so treatsen 100 enfermos ao ano quedaban pobres, hay mais de cen pacientes, en urxencias todolos dias hay 20 persoas ou asi, e podes padecer mas cousas que meninxite e neumonia, a clave esta en que o hospital do barco trata mas osos fracturados ecadeiras escogorniadas por escaleiras e asi supera a porcentaxe de enfermos.

    ReplyDelete