28.1.09

Solucións do 28 de Xaneiro

Este é un post especial. A verdade é que cando empecei o blog poucas cousas tiña claras: que ía falar de Matemáticas, e que proporía problemas aos meus alumnos. Así que hoxe na sala de profesores do instituto, cando Luísa me dixo: "E non lles pos as solucións aos cativos?", fíxome dubidar. Porque eu non pensaba poñer solucións nos posts, máis que nada para que sexades vós os que resolvades os problemas exercicios (bastantes problemas exercicios xa me vedes resolver a min no instituto).
Pero quizais vós prefirades ver nun formato claro (non como o dos posts) as solucións. Así que espero, a partir de agora, pór as vosas solucións maís ou menos cada semana. Desta lembrarei tódalas solucións que foron aparecendo ata o momento, en orde cronolóxica:

  • Listos e guapos- A porcentaxe era do 15%, como moi ben amosou Teresa.
  • Torneo de Fútbol- Os resultados foran A-B: 1-0, A-C: 1-0, A-D: 1-0, B-C: 1-0, B-D: 2-1, C-D: 3-2. Non houbo solucións asinadas.
  • O plano da casa- A cociña ten que medir 16 metros cadrados, como apuntou un anónimo.
  • Ciclistas- Amencera ás 4:30, e tiveron que ser Mariángel e Cutús quen o resolveran (xa avisei que era difícil)
  • Multiplicar é sinxelo, pero...- O multiplicador é 21978, atopado por varios anónimos e Álex.
  • Estará a vosa acesa?- Un anónimo atopou un xeito moi orixinal de nomear as lámpadas (as cores do Arco da Vella), e a súa solución coincide coa de Ángela, que numerou as lámpadas do 1 ao 7: 1-4-3-2-5-7-6. Gustaravos saber que, aínda que non o parece, hai unha solución moi sinxela: simplemente ide dándolles ás lámpadas por orde, do 1 ao 7. Sorprendente, non si?
  • Que lambóns- As parellas (co nº de bombóns entre parénteses) son: Manuel (8)-Antía (4), Álex (3)-Beatriz(3), Iván (8)-Nerea(2) e Carlos(3)-Verónica(1), como moi ben apuntou Ángela.
  • Garrafas e Bruce Willis- Jose atopou solución para os dous problemas, como é certamente enleado escribilas, usarei unha ferramenta matemática: os pares ordenados (como os que representan puntos no plano) e as ternas ordenadas (como os puntos no espazo). Para o 1º problema o primeiro número do par expresará os litros que hai na garrafa de 5 litros e o segundo os da de 3 litros. No 2º problema, os números expresarán os litros das garrafas de 10, 7 e 3 litros. Deste xeito as solucións teñen o aspecto:
  1. (0,0)-(5,0)-(2,3)-(2,0)-(0,2)-(5,2)-(4,1)
  2. (10,0,0)-(3,7,0)-(3,4,3)-(6,4,0)-(6,1,3)-(9,1,0)-(9,0,1)-(2,7,1)-(2,5,3)-(5,5,0)
Ben, e xa para rematar (vaia post saíu), deixade por un momento as Matemáticas e desfrutade do seguinte vídeo:

3 comentarios:

  1. Muy buena cancion Mad World de Gary Jules si no me equivoco, una de mis canciones blues-balada favoritas, profe las clavas todas, por certo, o de factor comun xa me quedou, explicas moy ben profe eres o que mellor exlica, que co de primeiro, te tirabas toda a clase atendendo e de dez pasos, fallabante 9 non sey por que, es era moi soso.

    ReplyDelete
  2. Ola, Jose. Curiosamente Mad World é orixinalmente dos Tears for Fears(un grupo dos oitenta do que en España escoitamos moito a canción "Shout"), pero na miña opinión a versión de Gary Jules da OST de "Donnie Darko" supera á orixinal con moito. Por certo, a que é bonito o vídeo? O director, Michel Gondry ten feitos moitos videoclips de artistas ben coñecidos como The Chemical Brothers ou Björk.
    Nada máis, e graciñas polo peloteo gratuíto.

    ReplyDelete
  3. A cancion soame profe, pero non sei de que, pero o de que todos vaian co mesmo peinado no videoclip xa me parece un pouco excesivo.

    Vemonos maña na clase

    ReplyDelete