23.1.09

Un agasallo para os alumnos


Como xa contei nalgunhas clases, hai varios programas que poden resolverche as contas aburridas. Moitos hai que pagalos, pero hai xa varios anos que dispoñemos dunha alternativa gratuíta on line (polo menos unha demo), o WIRIS. Ademais das contas cos números habituais, tamén fai contas cos novos símbolos que ides coñecendo a medida que avanzades na E.S.O.: os polinomios. Incluso máis: tamén resolve ecuacións, debuxa gráficas,...
Como sempre, un aviso: os programas de ordenador, como as calculadoras, non pensan, así que para resolver un problema, non chega o programa (que só fará as contas que ti lle mandes), senón, mira ti por onde, necesitas o cerebro.

O programa WIRIS é moi intuitivo, o que vén significar que en canto ves a pantalla de traballo sabes como utilizalo. Ten moitas características ás que todavía non lle veredes aplicación, pero moitos nun futuro ao mellor pode que vos axude.

Déixovos dous enlaces:

Demo de WIRIS
WIRIS na Junta de Andalucía

A cabeceira é unha captura da pantalla de WIRIS, con algunhas operacións feitas. Click na imaxe se queredes ampliala. Nada máis polo de agora. Boa fin de semana!

0 comentarios:

Post a Comment