22.2.09

Aviso aos alumnos de 3º B e 2º A

Para os alumnos de 3º B: xa está na wiki o segundo simulacro dos Temas 5 e 6, onde podedes ver problemas con ecuacións bastante difíciles.
Poño eiquí tamén o enlace: Simulacro-2

Para os esforzados alumnos de 2º A: na mañanciña do luns estará dispoñible o simulacro dos temas de polinomios e ecuacións. Estudade Practicade, que boa falta vos fará...
Por certo, atopei unha web onde podedes practicar tódolos temas de Matemáticas da E.S.O. e o Bacharelato: ematematicas
Só tedes que seleccionar no menú da esquerda o nivel e a unidade, e sairán problemas variados para practicar.
Lembrade que a demo on-line do WIRIS permite que comprobedes as vosas respostas, tanto a exercicios de polinomios como a ecuacións. Eu na vosa situación utilizaríao.
E para que non todo sexa Álxebra, Ecuacións e cousas así (que de tódolos xeitos, son temas bastante entretidos), probade a vosa memoria no seguinte xogo:
Camera Mind
En cada nivel sairá un novo círculo branco que deberás sinalar facendo clic co rato. Terás que estar concentrado e ter boa memoria para avanzar!

2 comentarios:

  1. ai que levalo feito para o xoves?
    profe de que te disfrazaches?

    ReplyDelete
  2. Eu de bo profesor, non podo sacar o disfraz, je je...
    Xa sabedes que o simulacro é optativo, pero sería interesante que lle botarades un ollo para ver canto sabedes.

    ReplyDelete