18.2.09

Máis reloxos



"Timeless like a broken watch"
_ Take you on a cruise, Interpol



Aquí tedes a versión dos Simpson do cadro de Dalí que xa aparecera neste blog.

Sérveme de introdución ao seguinte problema:

Na miña casa hai dous reloxos, un verde e o outro azul. O reloxo verde adianta 5 minutos ao día, e o azul atrasa 3 minutos ao día. Agora mesmo están os dous (que casualidade) coa hora exacta.

Cantos días teñen que pasar para que os dous volvan marcar simultaneamente a hora correcta?

6 comentarios:

  1. profe que a cancion que puxeches e a tu favorita??
    AH creo k son 52 dias

    ReplyDelete
  2. Cts: en 50 días o reloxo verde adianta 5·50=250 minutos, é dicir, está 4 horas e 10 minutos adiantado. Do mesmo xeito o azul está 2 horas e media atrasado.

    Anonymous: Puxen esa canción porque esa primeira frase viña ao tema do problema, e porque Interpol é un dos grupos actuais que máis escoito.
    Por certo, en 52 días o verde adianta 4h20m e o azul atrasa 2h36m.

    ReplyDelete
  3. Me pasa por leer sin atención, de lo que siempre nos quejamos. Son 180 días ly marca las 3

    ReplyDelete
  4. Pero en 180 días o reloxo verde adianta 180·5=900 minutos,i.e., 15 horas, e non estará en hora, non?

    ReplyDelete
  5. Perdón, 720 días.
    Cts

    ReplyDelete