7.2.09

Recorta pola liña

Onte non tiven tempo para poñer un problema (había que liscar aproveitando que non nevaba), así que hoxe, como estamos xa na fin de semana, vai un sinxeliño: só tedes que dividir o seguinte debuxo en tres figuras da mesma forma e do mesmo tamaño, recortando polas liñas.


Como vai ser complicado explicar a división sen un debuxo, é mellor que me comentedes a solución na clase o luns. O día que a Álxebra nos deixe tempo veremos como aloxar arquivos en webs especializadas, de tal xeito que podades poñer o enlace ao arquivo nos comentarios. Nada máis por hoxe, aproveitade ben o descanso.

3 comentarios:

  1. o o m m m m
    o o m m m m i
    o o m i i i i
    o o o i i i i
    puxeno con letras por que foi imposible pegar unha taboa que tiña feita
    esta ben?¿

    ReplyDelete
  2. quedaronme os ies moi pegados

    ReplyDelete
  3. Está perfecto, Teresa. Por certo: moi boa idea a de pór letras distintas para identificar os anacos.

    ReplyDelete