10.2.09

Simplemente números... ou non?

Rescato aquí un problema que puxen a primeira semana de clase en 1º de E.S.O. Foi a única sucesión de números que non souberon continuar os meus alumnos, así que debe de ser basante complicada (pois os meus alumnos, como todo o mundo sabe, sonche ben listos).
Simplemente trátase de escribir o seguinte elemento da seguinte sucesión de números:

1, 11, 21, 1211, ?

Por certo: a este tipo de cousas (uns cantos números seguidos que obedecen a certa lei) chamámoslle en Matemáticas "sucesión", aínda que na linguaxe común a xente adoita chamarlles "series". Este último termo ten outro significado ben distinto en Matemáticas.

5 comentarios:

  1. 111221
    BUSCANDO UNA RELACIÓN MATEMÁTICA Y AL FINAL ES DESCRIPTIVA...
    Cts

    ReplyDelete
  2. 11211 no me preguntes por que, porque para razonartelo te llenaria el blog de comentarios y colapsaria blogger, es coña, ya en una clase te lo cuento que es muy largo de esplicar y no va muy cerca de un razonamiento numerico.

    Vemonos o venres (como mola cambiar de castelán a galego sin avisar)

    ReplyDelete
  3. o seguinte é 11121111, xa que é unha sucesión descriptiva que di os díxitos do número anterior

    ReplyDelete
  4. Case, Javier. Trabucácheste na parte final. Observa a solución que deu Cts máis enriba.

    ReplyDelete