4.2.09

Unha pregunta parva


Hoxe non tiven un día demasiado bo (como docente, quero dicir), así que non teño ganas de poñer un problema demasiado matemático. En troques diso, propóñovos unha pregunta parva:

Temos un cuarto con 6 rapazas. No cuarto hai unha mesa cunha cesta con 6 mazás. Cada rapazas colle unha mazá, pero queda unha mazá na cesta. Como é isto posible?

Para acougar un pouco vou xogar ao Bloxorz, un xogo que vos recomendo, onde tedes que facer pasar o bloque polo burato. Simplemente iso.

3 comentarios:

  1. pois porque unha rapaza colleu a cesta enteira e a maza dentro

    ResponderEliminar
  2. Como ti dis, a pregunta é parva, xa que se cada moza colle unha mazá non queda nigunha na cesta.Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Non, amigo anónimo, non, le a correcta solución (como tantas veces) de Ángela

    ResponderEliminar