2.3.09

Un set a cero


Coñezo este problema de lóxica desde que o vin por primeira vez nun libro de Matemáticas Recreativas de Martin Gardner (The Unexpected Hanging and other Mathematical Diversions, existe tradución ao castelán, El ahorcamiento inesperado y otros entretenimientos matemáticos,Alianza Editorial, El libro de bolsillo 1549). Devolveumo á memoria atopalo de novo no libro de Adrián Paenza Matemática, ¿estás ahí? Episodio 3,14. Vexámolo:
Supoñamos que Ángela e Teresa (de que me soarán a min eses nomes?) xogan un único set nun partido de tenis, e Ángela gaña 6-3. Ademais sabemos que se romperon o saque 5 veces. Con estes únicos datos tedes que deducir
quen sacou primeiro?

3 comentarios:

  1. Angela, pero teresa juega mejor

    ReplyDelete
  2. alex dguez ( 1º A )3/04/2009 05:32:00 PM

    sacou anxela a primeira
    sacou anxela gañou anxela 1-0 para anxela
    saca teresa gañou anxela 2-0 para anxela
    saca anxela gañou teresa 2-1 para anxela
    saca teresa gañou teresa 2-2 empates
    saca anxela gañou anxela 3-2 para anxela
    saca teresa gañou anxela 4-2 para anxela
    saca anxela gañou teresa 4-3 para anxela
    saca teresa gañou anxela 5-3 para anxela
    saca anxela gañou anxela 6-3 para anxela
    e gañou anxela 6-3

    ReplyDelete