1.4.09

Estrela de 8 puntas



Neste puzzle tedes que situar unha moeda en cada un dos vértices da estrela agás 1, pero cun pequeno detalle:

Ao colocar unha moeda tedes que movela ao longo dunha liña que estea baleira, e poñela ao final de tal liña baleira. Unha liña baleira é unha liña que non ten moedas nos seus extremos.

Por exemplo, se poñemos ao principio unha moeda no vértice 1 movéndoa ao longo da liña 4-1, logo unha moeda no 2, movendo pola liña 5-2, logo unha moeda no 3 (ao longo de 6-3), unha moeda no 4 (ao longo de 7-4) e unha moeda no 5 (ao longo de 8-5), perdedes, pois non hai ningunha liña baleira. Deste xeito só poríades 5 das 7 moedas.

Pois a ver se sodes quen de resolvelo. Non parece fácil, eh?

1 comentarios:

  1. 1- del 1 al 6 y moneda
    2- del 4 a 1 y moneda
    3- del 8 al 3 y moneda
    4- del 5 al 8 y moneda
    5- del 2 al 5 y moneda
    6- del 7 al 2 y moneda
    7- del 4 al 7 y moneda
    cts

    ResponderEliminar