29.4.09

Máis de recortes



Para comezar queda recollida a suxestión de Javi.

Agora aos problemas:
O problema das fichas lilas e verdes é tan complicado que ninguén (e mira que o comentei en varias clases do instituto) foi quen de resolvelo, ou polo menos ninguén me dixo aínda como. O que si que houbo foi falsas solucións, como adoita suceder neste tipo de problemas. Por isto vou poñer un problema semellante pero máis sinxelo.






Neste tedes que dividir a figura en dous anacos iguais en forma e tamaño, de tal xeito que nos dous cachos haxa o mesmo número de triángulos, cadrados, círculos e pentágonos. Ánimo, que non é tan difícil.
E aquí tedes o enlace ao xogo que comentei hoxe en 2º A.

The World Hardest Game

Vexamos se alguén o remata. Sinceramente non creo.

1 comentarios:

  1. Non sabia que se aceptasen suxerencias, para a proxima sube algo de Clapton ou de Santana.

    ReplyDelete