17.6.09

Agonía



agonía
: s.f. 1. Período que precede inmediatamente á morte. Morreu despois dunha longa e penosa agonía. 2. Forte sufrimento físico ou moral. Ten pasado épocas moi malas na súa vida, moitos momentos de agonía. SIN. aflicción, angustia. Érguese cunha agonía que non o deixa respirar. 3. fig. Proceso de decadencia e lenta desaparición dunha cousa. A división do Imperio romano marcou o comezo da súa agonía.

Creo que é evidente do que estamos a falar, aplicados alumnos de 2º A, non si?
Se me queredes entender ben, ollade este vídeo:



Aínda non tiven tempo de completar o simulacro de exame da 3ª avaliación (quizais ten que ver co feito de que os profesores tamén temos que comer para sobrevivir, aínda que almorcemos alumnos), polo que déixovos na wiki o simulacro sen solución. Máis tarde colgarei a solución tamén. Por se sodes demasiado mangantes, aquí o arquivo:

Simulacro sen solución

Deica logo.

0 comentarios:

Post a Comment