1.6.09

Aproveitando a marea







A banda de enriba atopeina nunha web de Matemáticas, Matemàtiques i altres sensibilitats, en concreto aquí.

Pero hoxe estou de bo humor grazas á sorpresa (para ben) que me deron os resultados do exame de funcións e porcentaxes de 1º A, así que a viñeta (polo menos hoxe) non responde á realidade.

Botádelle unha ollada a este xogo que enlazaron a semana pasada os microsiervos. Tedes que mover o cabalo negro ata a estrela seguindo as normas básicas do xadrez. Non é como o Troyis, no que o máis importante era a velocidade (de mente e co rato), senón que tedes que pensar ben os movementos. O único que conta é o número total de movementos que facedes.

E xa que estamos a ver un pouco de Xeometría en 2º de E.S.O., aí vai un problema con circunferencias.

Na situación seguinte, canto mide o radio da circunferencia pequena?

Digo eu que o radio da circunferencia grande é evidente, non?

2 comentarios:

  1. o radio pequeno mide un

    ReplyDelete
  2. Ummm... creo eu que o radio sería 1 se a circunferencia pequena estivese a metade de altura do rectángulo, non? Neste caso é un pouco maior.

    ReplyDelete