24.6.09

Botando contas

Vai sendo hora de facer inventario do curso. Case tódalas notas están postas, non hai clases e onte algúns rematamos o curso cunha excursión das que deixarán pegada. Desde logo moitos alumnos van estrañar a Manuel o ano que vén, e enténdoos perfectamente.

Teño que pensar que vou facer con este blog no verán. Eu pásoo ben escribindo aquí, pero ás veces dá a impresión de que eu falo, pero ninguén escoita (por que lembro agora a aula?). E como ben sabedes, para que haxa comunicación ten que haber tamén un receptor. Calquera suxestión que deixedes será ben acollida.

Un problema tirado do Mathematical Olympiad Correspondence Program de Canadá, aínda que atenuado para a ocasión:
  • Atopar números naturais a,b e c que non estean en progresión aritmética tales que os tres números ab+1, ac+1 e bc+1 sexan cadrados perfectos.
  • Atopar números naturais a,b e c que estean en progresión aritmética tales que os tres números ab+1, ac+1 e bc+1 sexan cadrados perfectos.
Podedes comparar coa versión orixinal na web MOCP, problemas de setembro de 2008.

E hoxe lembrei varias cousas curiosas, así que aquí tedes:

Este vídeo vino en Microsiervos hai cousa dun ano, nel podedes ver como se derruba unha ponte polo efecto do vento. É bastante incrible como abanea antes de caer.







Agora un xogo, o Shift, que xa ten un certo tempo e ata 3 continuacións. É moi intuitivo aprender a xogar (aínda que non entendades moito de inglés), pero é bo saber que hai obxectos que non se ven directamente, e só podedes detectalos polo seu reflexo. Frechas para mover e espazo para saltar.

E como remate, outro vídeo de Metallica coa sinfónica de San Francisco, agora Wherever I may roam:



4 comentarios:

  1. profe claro esta que as mellores alumnas de 3ºB extrañaran o profe de galego.
    Aunque profe se para o ano que ven non nos das clase tamen botaremoste de menos.
    Nos cando podamos pasaremos polo blog para deixarte comentarios de este tipo, porque nunca resolveremos un problema e que son moi chungos ehh.
    Un 9 non?

    ReplyDelete
  2. Si, si, un 9 entre as dúas. Acabo de ver a mensaxe de Paloma no gmail e xa o fixen. Non sei se non me vou arrepentir...

    ReplyDelete
  3. JJ, moitas gracias por poñerme un oito, a verdade é que non me esperaba tanto. Ó final 7 sobres e 6 notables

    ReplyDelete
  4. Javi: ves para que serve participar na clase (facer os exercicios na aula, preguntar o que non se entende,...)? Tiña que poñerche un 8. Agora a desfrutar do verán.

    ReplyDelete