31.7.09

Xogos!




Para rematar xullo propoño varios xogos on line para eses días de mal tempo (que de seguro han vir).
Imos aló (os enlaces, nas capturas de pantalla):

En primeiro lugar un xogo curtiño, deses que só duran ata que o cerebro fai click. Chámase Police and Thief, e como resulta obvio, ti moves ao policía e o teu obxectivo é coller ao caco.



Agora o Pearl Jam Ten Game. Neste tes que resolver puzzles en 3D, e por cada puzzle que resolvas poderás descargar unha canción da edición especial do álbum Ten do grupo Pearl Jam. Curioso.


Visto en Passion for puzzles

Xa que estamos con puzzles, un de puzzles tradicionais en 2D, o Smartkit Jigsaw Puzzles. Como exemplo, a Basílica de San Pedro:



Un xogo clásico na rede, o Rush Hour. O xogo xa era tradicional dos libros de crebacabezas antes de podermos xogar on line, e coñécíase como "Prisioneiro". Xogar no ordenador permite avanzar por varios niveis en orde crecente de dificultade, aínda que tamén podedes saltar ao nivel que desexedes (se é que vos resulta moi sinxelo, claro). O obxectivo é levar o escaravello á saída, simplemente, e hai unha morea de versións pola rede, das cales escollín esta:




Se lembrades o Draw Play (creo que o comentei por aquí, na wiki desde logo que está), o seguinte xogo, Scriball, lembra lixeiramente a el. Neste caso non hai que debuxar un camiño para que o monigote chegue ao obxectivo, senón que o rato deixa un ronsel que funciona como unha ponte para a bóla.


E como colofón, dous xogos para medir a vosa habilidade:

En Distopix tedes que evitar os obxectos que caen do teito, nada máis, pero isto vaise complicando, xa veredes a razón.



En Reaction Time o nome xa o di todo, só se trata de medir o tempo de resposta. A ver cales son os vosos tempos.




Déixovos agora cun clásico dos 80. Abur!

0 comentarios:

Publicar un comentario