23.9.09

Sen tempo


Aínda non tiven tempo para actualizar como é debido este blog. Tiña pensado comezar de novo co inicio do curso,creo que fun optimista de máis. O traballo cotián do instituto, tendo en conta que este curso dou 5 niveis distintos, é tarefa abondo para estes días. Aínda que teño que dicir que dar en 5 niveis distintos, ademais dese traballo que dá, é, polo menos para min, moito máis entretido.
Así que actualizo hoxe para non deixar que colla moito lixo. Máis adiante volverei aos problemas de nivel olímpico e os problemas de lóxica, polo momento hoxe vou comentar un par de cousas que vin por aí:

En primeiro lugar un vídeo time-lapse que atopei en ALT1040:

Viaje alucinante by Daniel Lopez from caliu on Vimeo.

E agora un curioso xogo que vin en Indie Games, A Mazing Monk, de onde está tirada a imaxe de enriba. Só ten dous modos (normal e hard), con 3 niveis cada un, e lembra ao Cubo de Rubik polo movemento do terreo de xogo. Non explico as regras e o movemento, que son moi intuitivos. O único problema é que é probable que teñades que instalar o plug in do Unity Web Player, pero non leva moito.

E como aínda non é hora de propoñer cousas moi difíciles, outro xogo onde hai que demostrar máis habilidade que perspicacia, Fat Slice, onde tedes que cortar co movemento do rato as figuras que aparecen en pantalla ata acadar unha porcentaxe da figura. Moi difícil non é, pero é divertido, e un pouco desesperante se non sae algunha fase.

Abur!

2 comentarios:

  1. jorge, este blog xa non é o q era antes, cando nos dabas a nós ehh? como pode ser q teñan q vir ex-alumnos teus a escribirte no blog?? q conste q eu sempre q poida escribireiche, xa que o teu blog esta bastante ben jajajaj. Non te olvides de colgar cancions que tes moi bo gusto para iso jaja. Saudos.

    ReplyDelete
  2. Supoño que o de Jorge irá por min ;)
    Isto é o que pasa cando non tes acceso á rede en casa, que é onde case sempre actualizo. Ademais aínda non lles comentei aos alumnos novos o xeito de comentar. Pero xa verás, en canto poda será como o ano pasado, e actualizarei arredor de 3 veces por semana.
    Un saúdo, Javi.

    ReplyDelete