2.10.09

Algo para facer un sábado

Onte pola noite vin un vídeo realmente simpático relacionado co Tetris (aínda que as pezas non son tetrominós, senón pentominós, debería chamalo Pentis). Non podía deixar pasar a ocasión de postear outro vídeo así.



Aproveitando o post sabatino, a ver se sodes quen de partir en 2 partes iguais (en forma e tamaño) as seguintes figuras, que atopei no libro "La Matemática Elegante" de A.V.Zhúkov, P.I.Samovol e M.V.Applebaum:



E outro vídeo de animación que atopei en vimeo hai uns meses. É case un conto ao estilo tradicional, con ensinanza final:






Blip from Sean Mullen on Vimeo.



Nada máis por hoxe. Pasádeo ben hoxe e mañá, pero non demasiado!

0 comentarios:

Post a Comment