26.10.09

Facendo exames

Actualizo aproveitando que a mañá non está moi movida.

En primeiro lugar propóñovos un xogo no que tedes que adiantarvos ao movemento da pantalla, Gravity Grid, de tal xeito que unades os cadrados da mesma cor. O movemento só pode ser de xiro de 90º (no sentido das agullas do reloxo e no contrario) ou de simetría arriba-abaixo. Como tantas noutras ocasións, comeza sendo ben sinxelo para complicarse en fases posteriores.

Teño que confesar que eu son das persoas ás que lles gustan as "listas de cousas" en Internet. Como mostra, a última que me pareceu entretida, en ALT1040:

10 conceptos que los no-informáticos nunca entenderán.

En concreto, o primeiro ítem da lista tenme dado uns cantos problemas traballando nos ordenadores con alumnos.


Xa está ben por hoxe, que acabamos de comezar a semana.

0 comentarios:

Post a Comment