16.11.09

De volta no choio

Fagamos un pequeno repaso dos contidos que estamos a traballar actualmente na aula:
  • En 1º de E.S.O.: Operacións combinadas con números enteiros.
  • En 4º de E.S.O.: Racionalización.
  • En 1º de Bacharelato: Inecuacións lineais con dúas incógnitas e sistemas.
  • En 3º de E.S.O.: Polinomios.
  • En 2º de E.S.O.: Operacións con números decimais e (polémica) a súa xustificación.
Loxicamente a programación dunha materia ten que ser coherente coa ciencia que lle dá nome. E isto provoca que as unidades didácticas do comezo do curso de Matemáticas sexan sempre bastante aburridas (para os alumnos, desde logo, pero tamén para o profesor). Para aqueles que saben do que falo, é obvio que o problema é que tódolos cursos comezan igual, con Aritmética- Álxebra, e as propiedades que se estudan son moi similares, senón directamente iguais. Bastante sorte teño de ir cambiando de nivel para que o tedio non sexa absoluto.

Para sacudir parte do sopor provocado pola materia, propoño dous vídeos que vin estes días:


Neste hai unha comparación visual dos tamaños dos planetas e as estrelas:








E nestoutro, unha panorámica desde o edificio máis alto construído ata o momento, o Burj Dubai:




1 comentarios:

  1. O video "Star size comparison" é moi interesante, e así xa lle podes explicar ós alumnos para que se dan as potencias de 10. Un saúdo.

    ReplyDelete