21.12.09

Simple diversión


Diagrama da Cultura Geek, por Ibrahin Evsan


Vexamos que cousas novas hai por aí, nesta estraña tarde de avaliacións:


Para comezar, unha ilusión óptica que está petando os blogs que leo tódolos días. Fixádevos no borde dos escaques do taboleiro, antes e despois de que eliminen as bólas. Non é alucinante?




Agora un xogo destes que fan perder o tempo sen que o xogador perciba o paso do tempo:

Online Basketball

Desde o primeiro lanzamento que falledes, está claro que vas perder uns minutos, crédeme.

Outro xogo, pero este dos de pensar:

Crossed Wires

Este xogo segue unha tradición de xogos de apagar as luces, como o Lights Out. Como sempre, a luz que apagas ou acendes inflúe nas luces da súa veciñanza.


E tiña que postear esta nova, para deixar claro que non todo está perdido:

"Rage Against The Machine derrota al pop de realities"


Non sei se puxen xa esta canción, pero hoxe paga a pena:






E por último, un ovo de pascua de Google:

Ide á páxina en inglés de Google, e premede I'm feeling lucky sen pór nada no campo de busca. Vistes?

2 comentarios:

  1. "Voy a tener Suerte significa menos tiempo buscando paginas y mas tiempo mirandolas."

    Como mola iso, eu xa me habia dado conta, xa o habia lido nun foro pero non o mirara.

    Pero unha duda, google fariao a proposito?......
    Jajajaja

    ReplyDelete
  2. Canta xente pasará o tempo mirando para a conta-atrás?
    Polo que lin, noutras ocasións estas contas están na web oficial marcando algún lanzamento do equipo de google, pero neste caso apunta claramente a...
    que cada un o mire XD

    ReplyDelete