12.12.09

Traballando un sábado

Creo que na vindeira ocasión na que resolva exercicios para os alumnos vou facelo a man e logo escanearei o folio, pois a verdade é que escribir no Editor de Ecuacións do Word é unha lenta agonía. E non será por práctica, pois fágoo tódolos días. Neste caso a única achega importante do software é a posibilidade de incluír figuras ben feitas (no meu caso co Geogebra). Pero iso tamén o podería facer sen necesidade de empregar o Word, claro.
Un par de comentarios:
  • O exercicio de adiviñar o número non o resolvín para que fagades un esforzo real por resolvelo por vós mesmos. Xa falaremos del o luns pola tarde.
  • O problema do cubo cortado creo que ten o enunciado máis confuso escrito por min desde que me dedico a este choio. Por unha banda non queda claro de que figura hai que calcular esas magnitudes, e por outro, que é o perímetro dunha figura en 3D? Supoño que é posible intuír do que estou a falar nese enunciado, pero claro non é. Por isto fixen unha nova figura na que se ve o que pregunto:

E o perímetro é a suma das lonxitudes das arestas que forman a figura. (Por certo, tampouco o resolvín).
E aquí tedes a solución parcial do simulacro:

Solución do simulacro da 1ª avaliación-3ºC


E como é sábado, e non todo van ser Matemáticas, un xogo que acabo de ver en Passion for puzzles: os National Geographic Map Jigsaw Puzzles. Polo título supoño que estará claro de que vai o tema, non? Se a opción por defecto resulta demasiado sinxela, no menú opcións podedes escoller que as pezas veñan xiradas, e neste caso teredes que xiralas coa tecla espazo ao tempo que mantedes pinchada a peza.

0 comentarios:

Post a Comment