6.2.10

Cando os anos entran pola porta... da aula

Quizais alguén observase que o título do post do xoves, Unha serie de números, pouco nada tiña que ver co contido. Isto sucedeu debido a que o autor, eu, tiña pensado propoñer un problema típico de continuar a serie. Pero cando comecei a escribir o problema decateime de que era demasiado difícil para o que pretendía ese día. E, cousas da velocidade, esquecín cambiar o título que xa escollera.

Hoxe vexamos que ocorre cun problema totalmente distinto, collido prestado do UNC Charlotte High School Contest,2009:


Queremos dividir a figura seguinte con forma de L en dúas partes coa mesma área, comezando polo punto A e rematando nun punto G que estea no lado BC da figura. A pregunta é sinxela: Canto mide a distancia BG?

Aviso: o problema ten unha solución que non leva máis que un debuxo e unha conta.

E para esta mañá de sábado, un bonito xogo de pensar (máis ben pouco), Record Tripping. Nel hai que pasar un total de 5 minixogos nos que só hai que utilizar a roda do rato e o botón esquerdo. E escoitar a música! Xa veredes que ben o pasades.


Nota: No xogo anterior podemos escoitar cancións de Gorillaz. É curioso que atopase este xogo a mesma semana que, nunha clase de 3º de E.S.O., os alumnos alucinaron cando o profesor lles falou dese grupo. Eu podía aceptar que non soubesen quen eran Nirvana, Guns n' Roses, Rage against the Machine, Pearl Jam ou os Pixies ou , pero, Gorillaz? En serio? Pero se están en activo!

2 comentarios:

  1. si el punto g esta en el medio de E D pos es 1,5 pero no creo q sea tan facil

    ReplyDelete
  2. Si, o punto G está xusto no medio, onde parece estar. Como sempre, o problema é ver a razón diso :(

    ReplyDelete