10.2.10

Lóxica, of course

Que moitos saberedes é unha das bases das Matemáticas, aínda que non a única.

Hoxe toca pensar nun problema no que aparecen números pero no que non hai que facer operación ningunha.

_Na primeira avaliación suspendín máis de 100 alumnos- xactábase JJ na sala de profesores, con risa maléfica.
_Seguramente foron como moito 100-contestoulle un compañeiro de departamento.

_Supoño que sería polo menos un suspenso-replicou unha compañeira de Galego.

Se só un dos profesores dicía a verdade, cantos alumnos suspenderon en realidade con JJ?


E tamén un xogo para hoxe, un ben curioso: Prose and Motion, onde se mesturan o coñecemento do vocabulario inglés e a habilidade nun xogo no que se cumpren as regras básicas físicas.


0 comentarios:

Post a Comment