2.2.10

Un problema máis sinxelo?

Esperemos que así sexa. Nada máis lonxe da miña intención que pasarme, como me suxire Ángela nun comentario (xa me pasou nunha ficha de problemas alternativos á recuperación da 1ª avaliación de 1º de E.S.O.)

Vexamos:


Se 2=4, 6=4, e 8=5, a que é igual 10?

E como seguro que o resolvedes rápido, outro:

Colocade os números 5,6,7,9 nos ocos seguintes:


Tedes que conseguir que, se calculades as sumas dos extremos dos cinco segmentos, esas suman sexan 5 números consecutivos.

Déixovos cun vídeo do ceo de Dubai:



Sky from Philip Bloom on Vimeo.

4 comentarios:

  1. Buah jota isto pare un pouco parado non si?
    As solucións o primeiro ennunciado poderian ser 5 ou 13 así que se me ocorran pero logo poderia haber mais xa que o enunciado non é moi concreto.
    E o segundo sería algo así:
    ..3..
    6...5
    .9.7.
    3+7=10
    6+5=11
    9+3=12
    6+7=13
    9+5=14

    ReplyDelete
  2. O segundo está ben, Teresa.Hai outra solución ademais da túa, pero esa está perfecta.
    Pero o primeiro... por que 5 ou 13? Se mo explicas, mellor.

    ReplyDelete
  3. Unha cousa, e no primeiro enunciado:

    Dous=4
    Seis=4
    OITO=5
    Se o problema vai por ahi, creo que vai mal

    Dez=3, por certo, e xa que me animo a escribir, deixote unha frase do traductor de google:
    The innovative now-you-see-it, now-you don't port hatch
    flips down to reveal (and closes to hide)

    Que no Español de Google seria:


    El innovador, ahora que se ve, ahora-no pot escotilla
    voltea hacia abajo para revelar (y se cierra para ocultar)

    ReplyDelete
  4. Claro que está mal así, o que pasa é que o problema púxenllo aos cativos de 1º de E.S.O. nunha ficha na que aparecían problemas en 3 idiomas distintos, e aí está o quid da cuestión.
    Moi bo o tradutor de google, "ahora-no pot" parece un nome de Thailandia.

    ReplyDelete