20.2.10

Unha xirafa? Seguro?

Este problema é tamén clásico entre os problemas de mover mistos e facer figuras, cadrados, triángulos... Xa o vin polo menos en tres fontes distintas, así que xa o considero público. Comenteino nos exames de 1º e 2º de E.S.O. do xoves, e aínda non obtiven resposta, así que velaquí o tedes:

Supoñendo que a figura seguinte, feita con mistos, represente unha xirafa (?), tedes que conseguir que a xirafa cambie de posición movendo un único misto.


Tendo en conta que so hai 5 mistos na figura, non debería resultar moi difícil atopar a solución, aínda que sexa polo método de proba-erro.

0 comentarios:

Post a Comment