E mañá 29, segundo
meteogalicia. Cousas do clima continental.
En primeiro lugar, para os
alumnos de 1º de Bacharelato, acabo de colgar a
solución do exame da 2ª avaliación na wiki. Como sempre, espero que non haxa moitos erros.
Había tempo que non enlazaba unha aplicación on line de Matemáticas. Pois a de hoxe,
Functions3D, dun deseñador chamado Ben Joffe, fai gráficas tan claras como este paraboloide hiperbólico (tradicionalmente chamada sela de montar, a razón podedes vela vós mesmos):
Curiosamente, non cheguei á web de
Ben Joffe na procura dunha aplicación que debuxase gráficas de funcións en 3D, senón tras un Tetris no que a pantalla forma un cilindro, e non o rectángulo habitual. É dicir, que a liña do chan non é un segmento, senón unha circunferencia. Chámase
Torus, e aquí tedes unha captura:
0 comentarios:
Publicar un comentario