15.4.10

Cálculo mental




Especialmente dedicado aos meus queridos alumnos de 1º de E.S.O. (estrañamente non é de broma):

Vin hai un par de días en Microsiervos un post sobre unha disciplina do cálculo mental chamada Anzan, da que non oíra nunca falar.

No post de Microsiervos enlazan a unha versión en Flash do xogo, na que podemos configurar as características do xogo: número de díxitos (de 1 a 7), a velocidade do xogo (2.0 significa que cada número permanece en pantalla 2 segundos), e o total de números dos que queremos que conste. Facede clic na imaxe se queredes probar:




Como din en Microsiervos, parece axeitado comezar a probar a nosa habilidade en 1/1/10 (10 números cunha soa cifra durante 1 segundo cada un), que resulta bastante sinxelo se estamos concentrados, e ir incrementando a dificultade de xeito paulatino.

No canal de youtube The Soroban School podedes ver como xogan alumnos ao Anzan.

E para descansar das contas (probade o modo 7/0,3/10, é infernal!), un simpático vídeo no que vemos como se rebelan os personaxes dos videoxogos contra a cidade de New York:


PIXELS by PATRICK JEAN.
Cargado por onemoreprod. - Videos de arte y animación.

0 comentarios:

Post a Comment