19.4.10

Máis cálculo




Entendedes de que trata a imaxe, aínda que non saibades programar nin coñezades o alfabeto cirílico?


Hoxe tiña pensado comentar máis curiosidades numéricas, como as do post do domingo pasado, pero como non teño ganas de escribir moito, imos deixalo para outra ocasión.

Pero vou comentar uns xogos relacionados co cálculo, aínda que non co habitualmente chamado cálculo mental.

O primeiro xogo, Operation: Math Equation Game (de que irá isto?), é semellante á parte de Cifras do xogo clásico Cifras e Letras. Xa sabedes: tedes un número obxectivo e 6 números que podedes operar para chegar ata o obxectivo.

En troques, o seguinte xogo, Mathteroids, é unha mestura entre cálculo mental (e veloz) e o clásico de Atari Asteroids. É destes xogos que chegan a desesperar ao incauto ao que se lle ocorre xogar.


Vós controlades co rato a nave que vedes no medio da pantalla , e coas teclas numéricas disparades ás operacións.


Xa está ben de xogos matemáticos: é tempo dun pouco de pura diversión.

Para comezar a versión on line do clásico Arcade Metal Slug, bastante semellante ao orixinal. Pero se tedes o emulador Arcade MAME 32, é moito mellor instalar o ROM da NEO GEO e baixar o ROM do xogo orixinal.

E un xogo de plataformas ao vello estilo: Quietus. Como é usual, só é necesaria unha pouca habilidade, e repetir as fases ata pasalas.

0 comentarios:

Post a Comment