27.4.10

Se non queres saber, non preguntes

Na hora anterior estaba amosándolles na pantalla aos alumnos de 3º propiedades xeométricas básicas: suma de ángulos dun triángulo e dun polígono, ángulo nun polígono regular,... The essentials, que din en inglés.

Pois cando chegamos aos puntos notables do triángulo non se me ocorre mellor idea que preguntarlles se coñecen algunha palabra que comece por "orto" (eu xa temía que lembrasen o suceso do orto e Juan Martín del Potro). Resposta dunha alumna:

"Si, Ortega Cano"

Que lle imos facer, se eu só quería que pensasen en ortopedia, ortodoncia...
Se marcades a caixa de Ortocentro, veredes a razón:


Centros do triángulo
























Sorry, the GeoGebra Applet could not be started. Please make sure that Java 1.4.2 (or later) is installed and active in your browser (Click here to install Java now)





J.J. Rodríguez, 27 de abril de 2010, Creado con GeoGebra

2 comentarios:

  1. Será Ortoga Cano. Se o que non pase nas clases...

    ReplyDelete
  2. Pois si, eu podía esperar o do orto de Nadal, pero Ortega Cano superou tódalas miñas expectativas. Isto pasa por preguntar...

    ReplyDelete