6.5.10

Cadrados e máis cadrados

Hai moitos problemas clásicos que nunca propoño nas clases ,basicamente por demasiado coñecidos. Problemas de debuxar figuras sen erguer o lapis do papel, de contar triángulos ou outras figuras, o da chalana, o lobo, a leituga e a cabra,... Quizais isto sexa un erro, pois algúns alumnos pode que non vaian coñecer por outros medios estes problemas tradicionais, que adoitan ser bastante divertidos. Para cubrir unha lagoa, hoxe quero propoñer un problema coñecido por tódolos aficionados aos problemas de Matemáticas recreativas:


Cantos cadrados hai nun taboleiro de xadrez?

Obviamente, a resposta non pode ser 64, iso non sería un problema...

5 comentarios:

  1. Hay 64 pequeños cuadrados de a 1
    hay 49 de a 4 (2x2)
    36 de a 9 (3x3)
    25 de a 16 (4x4)
    16 de a 25 (5x5)
    9 de a 36 (6x6)
    4 de a 49 (7x7)
    y 1 grande formado por los 64 cuadraditos

    en total dan 204;

    ReplyDelete
  2. Ben, en efecto hai esas cantidades de cadrados con lados 1,2,3,...,8. Supoño que terás feito a conta enumerando os posibles centros dos cadrados, non?

    ReplyDelete
  3. http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20061023170514AAC7H9e

    Non son tan matada jajajajja

    ReplyDelete
  4. http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20061023170514AAC7H9e

    Non son tan matada jajajaj

    ReplyDelete
  5. E así vemos outra razón pola que non adoito propoñer problemas coñecidos: son coñecidos XD

    ReplyDelete