1.5.10

A estas alturas...

... non debe quedar ninguén no instituto que non saiba que vou liscar o vindeiro ano. Na maior parte dos casos fun eu mesmo quen o comentou nas aulas. Teño que dicir que polo menos en dúas das cinco clases que dou houbo algún alumnos que prefería que non marchase. Isto pode estar motivado esencialmente por dúas razóns: a primeira consiste en que, a pouco máis dun mes de clase, é bastante intelixente dicirlle ao profesor o que quere oír. A segunda é que realmente prefiren que non marche, o cal está relacionado co feito de que lles gusta escoitar as historias que lles conto cando non estamos inmersos no traballo habitual de tódolos días. Porque o meu obxectivo primordial, que era acadar que analicen os problemas, que critiquen as solucións que van aparecendo, que vexan alén dos algoritmos (que veñen marcados por lei, teño que salientar)... digamos que quedou no camiño, deixado de lado pola velocidade do curso e a resistencia dos alumnos a deixar de memorizar procedementos automáticos.

Por outra banda nunha das outras tres clases leva habendo unha especie de rebelión global polo menos durante un mes. Desa clase xa falei en varias ocasións: é a única das miñas cinco clases na que practicamente tódolos alumnos xa foran alumnos meus o ano pasado. E debido á súa conduta, ata que rematemos o curso van ter un exame tódolos xoves. Ademais, é bastante probable que teñan que aprender pola súa conta os contidos que restan, pois é virtualmente imposible ensinarlles nada que leve máis de dez segundos.

Por se alguén non o sabe, na lei educativa en vigor aparece explicitamente a seguinte xoia:

"...sempre debe terse en conta que se reforza a compresión dos contidos matemáticos cando as actividades que teñen que realizar as alumnas e os alumnos están conectadas a contextos do mundo real ou son significativos para eles."

Ninguén aprecia o problema ao que nos enfrontamos? Alguén que coñeza o que resulta significativo para un alumno medio de 13-14 anos?

Deixo o tema, que o único que consigo pensando máis nel é ver que a miña tarefa faise máis e máis complicada (aínda tendo en conta que eu si sei o que lles resulta significativo).

Remato cun vídeo gravado na miña terra. Por se non o sabiades, a praia de Pantín está a metade de camiño entre Ferrol e Cedeira (algo máis preto de Cedeira):




Pantin Classic from Fernando Lema on Vimeo.

6 comentarios:

  1. Inda que nos portemos mal non creo que sexa moito peor do que nos levamos portando todo o curso, inda que si que e verdade que ultimamente os profesores queixadevos mais que de costume, igual e por algo...
    E sinceiramente, non por ser pelota, a tua forma de dar clase mola :)

    ReplyDelete
  2. Supoño que estás a falar da miña forma de dar clase o xoves, de xeito "silencioso" XD

    ReplyDelete
  3. Non, esa non mola nadiña.
    Pero por que te puxeches asi o xoves?
    E que eu ese dia estaba nos mundos de Teresa e non me enterei do que pasara :)

    ReplyDelete
  4. creo que un profes
    or que no sea capaz llevar una clase dice mucho y todavia dice mas que en una pagina de internet habkle asi de sus alumnos .asi que haga un poco de reflexion porque el problema no es solo del alumnado algo mas falla.la pedagogia debia ser obligada

    ReplyDelete
  5. Quen dixo que non sexa quen de levar unha clase?
    Quen dixo que non faga reflexión?
    E quen dixo que eu non saiba de pedagoxía?
    En fin, unha mágoa que non mo diga vostede persoalmente, levaría unha sorpresa.

    ReplyDelete
  6. É UN MORTO DE FAME

    ReplyDelete