17.5.10

No Día das Letras Galegas



Aínda non entendo a razón de que sexa festivo, pero ben, non me vou queixar deste luns ocioso e na casa.

Había tempo que non atopaba un xogo sinxelo de aprender e que fose adictivo ao estilo do Bloxorz, o Tilox, o 3D Logic, ou , neste ano, o Continuity. En Passion for Puzzles, como tantas outras veces, atopei este xogo, Gravit-Eye, que incide na idea da manipulación da gravidade para chegar a un obxectivo. Só xoguei unha partida, e podo dicir que hai fases nas que hai que pensar bastante para chegar á solución.
Observade unha captura da fase 17, por poñer un exemplo:



Para mover o "ollo" hai que utilizar as frechas e X para saltar. Máis sinxelo, imposible (non exactamente, probade Canabalt e veredes).

Se non vistes o seguinte vídeo (saíu en varios blogs recoñecidos, eu vino en Boing Boing), botádelle un ollo. É ben interesante:

0 comentarios:

Publicar un comentario