28.5.10

Sabes máis que un cativo de 1º de E.S.O.?

Para sabelo, podes probar con este problema que teñen que facer os meus alumnos de 1º B para o mércores (os datos tirados da edición on line de El País, o das 14 pagas inventeino eu):

O salario anual do Gobernador do Banco de España será recortado un15%, quedando en 165.000 €.
Cal é o seu salario mensual actualmente, se cobra 14 pagas?

Curiosamente os alumnos de cursos superiores tenden a resolver estes problemas utilizando ecuacións, cando non é necesario. Nós estudamos ecuacións en 1º de E.S.O. antes que proporcionalidade e porcentaxes, pero cambiar a orde non suporía ningún atranco.

Por certo, non é o primeiro problema deste estilo que facemos. A técnica necesita ser explicada, e tamén practicada. A única directriz que lles dou despois de adestralos nun par de problemas é: "Se alguén calcula o 15 % de 165000, córtolle as mans". Instrucións claras, ante todo.

Para rematar, e por se resultades saber menos que un neno de 1º, podedes ver que tal vos vai neste xogo de habilidade (algunhas bastante estúpidas, máis ben de velocidade):

Skill Test

0 comentarios:

Publicar un comentario