6.7.10

Un simple cálculo

Estaba a revisar problemas de competicións matemáticas americanas deste ano, pois durante este curso non tiven tempo abondo para remexer entre elas,  e atopei este "problema" que pasara por alto a primeira vez que lera o concurso Harvard-MIT. Concretamente na Guts Round:

Se chamamos:

A=10^9-987654321  \\ \\ B=\frac{123456789+1}{10}

calcula o valor de:

\sqrt{AB} 

A etiqueta "rápidos" de máis abaixo está totalmente xustificada: pode levar arredor de 15 segundos resolver este problema!


Aproveitando que as conferencias TED xa levan un tempo sendo subtituladas en castelán, déixovos hoxe a intervención de Carter Emmart onde presenta o desenvolvemento do proxecto de cartografado en 3D de ... nada máis que o Universo!


0 comentarios:

Post a Comment