17.10.10

Benoit Mandelbrot

Era imposible non comentar minimamente a morte dun dos matemáticos recentes máis influentes na evolución das Matemáticas. O nome de Benoit Mandelbrot quedou ligado para sempre coa súa maior achega: os fractais. Do mesmo xeito que o de Newton e Lebniz ao Cálculo Diferencial, o de Descartes á Xeometría Analítica, o de Gauss á Xeometría Diferencial ou o de Euler a ... case todo (perdoade a vaguidade, só estou a poñer exemplos de certa sona).

Curiosamente o meu primeiro post neste blog, aló polo remoto día de Reis de 2009, hai 241 posts, incluía soamente un vídeo dunha viaxe polo Conxunto de Mandelbrot. Seguramente porque, para comezar, era imprescindible algún tema que calquera non técnico puidera apreciar.
E os fractais son tan famosos precisamente por iso: ademais da indubidable mestría técnica e a orixinal idea matemática que desenvolven, son simplemente fermosos ao ollo humano. Xulgade nun par de exemplos:










Parafraseando a Hilbert falando de Cantor, ninguén nos botará do paraíso fractal que Mandelbrot creou para nós.

3 comentarios:

  1. Encántame a "paráfrase". Unha boa homeaxe a Mandelbrot. P.

    ReplyDelete
  2. Botándolle un ollo a "El País", edición impresa de hoxe, atopei un obituario que quizáis che interese a ti ou os teus seguidores, e aproveitando que hai edición dixital:
    http://www.elpais.com/articulo/Necrologicas/Benoit/Mandelbrot/fractalidad/mundo/elpepinec/20101019elpepinec_2/Tes
    Saúdos.

    ReplyDelete
  3. Graciñas anonymous pola reseña.

    ReplyDelete