13.11.10

Blockout

Aos que temos certa idade a palabra Blockout tráenos á memoria a versión 3D do Tetris, publicada só 4 anos despois que este, e que nunca chegou a ter a súa sona. Probablemente por dúas razóns: había que utilizar moitas teclas para xogar (hai que ter en conta que os xiros no espazo teñen máis liberdade) e porque a perspectiva cenital unida á textura das pezas non axudaba moito á visibilidade.




En España nin sequera chegamos a ver o Blockout nas salas de xogos arcade. Agora mesmo nesta páxina podedes descargar unha versión gratuita do Blockout clásica, para botarlle unha ollada.

Pero o que me leva a falar deste xogo tan coñecido é a recente creación dun xogo co mesmo título que pouca relación ten co mencionado, agás o aspecto visual xeométrico (palabra que usamos habitualmente cando as figuras teñen arestas e ángulos rectos, a fin de contas todo é xeométrico). Observade este xogo en Flash, Blockout:




O obxectivo do xogo é o máis sinxelo posible: levar o cubo marrón ata o cubo azul, e facelo rapidamente. Eu só xoguei unha vez, e dos 50 niveis só vin un que levase un tempo pasar. A ver que tal o facedes vós.

0 comentarios:

Post a Comment