20.11.10

Pero iso foi [Onte]





Xa temos visto antes exemplos que trascenden o carácter lúdico que adoita definir aos xogos. Estou a pensar en Today I die, The majesty of colors, Every day the same dream, Passage...
O xogo de hoxe é But this was [Yesterday]. E estou convencido de que hai que ser moi apático ou insensible para non experimentar algún tipo de reacción ante o que vai ocorrendo neste xogo. Ou quizais sería máis axeitado chamarlle ficción, pois o que sucede lembra moito máis a algún tipo de ficción narrativa (e lírica) que a un mero xogo. É mellor probar a experimentalo por un mesmo.

1 comentarios:

  1. Tes razón en canto ó xogo. Creo que é moi difícil non sentir pena e desacougo na súa realización e certa ledicia co seu final. P.

    ReplyDelete