5.12.10

Un problema dunha ex-alumna



É unha ledicia que haxa ex-alumnos que aínda lembren este espazo. E aínda máis que o relacionen cos problemas que propoñía hai xa certo tempo.
A que vén todo isto? Pois a que unha ex-alumna, Alba, cuxo nome xa apareceu por aquí, enviou un problema listo para propoñer. A ver que vos parece:

Un coello moi listo segue unha estrañas regras:
Por cada salto que dá avanza 70 cm., pero ten que retroceder 30 cm. na dirección que indique o seu rabo.
Se quere percorrer unha distancia de 10 metros en liña recta, cal é o número mínimo de saltos que ten que dar para chegar á meta?


A ver se alguén o resolve. Namentres, na páxina nrich hai a posibilidade de probar un xogo matemático por cada día ata o Nadal, na súa páxina Advent Calendar 2010.

0 comentarios:

Post a Comment