9.1.11

O Triángulo de Reuleaux

Coñeces o triángulo de Reuleaux? Non? Preséntocho:

Partindo dun triángulo equilátero, construímos o triángulo de Reuleaux así: debuxamos a circunferencia que ten como centro un dos vértices e pasa polos outros dous. Desta circunferencia, quedámonos só co arco entre eses dous vértices. Facemos o mesmo cos outros dous vértices, e así obtemos a figura azul do debuxo.
E que ten de peculiar o triángulo de Reuleaux? Principalmente, é unha figura de ancho constante, é dicir, se o cinguimos entre dúas rectas paralelas, a distancia entre ela é sempre a mesma, por moito que as movamos.
Na miña opinión, a propiedade máis interesante desta figura aparece cando a facemos rotar dentro dun cadrado. Imaxinas o que sucede? Non? Pois mira:



Wolfram Math World

Case un cadrado! Esta aparente curiosidade ten utilidade na perforación industrial. E se pensas que é unha mágoa que non sexa exactamente un cadrado, podemos melloralo:


0 comentarios:

Post a Comment