13.3.11

Problemas de ecuacións


Ou con ecuacións, non sei ben como titular isto. Acabo de subir á wiki unha colección de problemas de ecuacións de 1º e 2º grao tirados do meu vello libro de texto de ... 1º de B.U.P.! Libro que non utilizamos aquel ano, pero que era fonte de moitas curiosidades matemáticas e datos históricos.
Os problemas están aquí:



Por certo, o libro era "Algoritmo 1", de M. Anzola e J.R. Vizmanos, Editorial SM. Un bo libro para quen estivese interesado nas Matemáticas.

Aproveito para compartir unha cita que vin estes días pola rede, coa que non podería estar máis de acordo:

The clearer the teacher makes it, the worse it is for you. You must work things out for yourself and make the ideas your own.


Que en tradución propia-pobre vén sendo:

Canto máis claro cho fai o profesor, peor é para ti. Tes que averiguar cousas por ti mesmo e facer túas as ideas.

E para rematar, un problema "técnico" relacionado con ecuacións, que acabo de ver na Olimpíada Matemática Brasileira deste ano:

Se p e q son números reais que cumpren as relacións


2p^2-3p-1=0 \\
q^2+3q-2=0 \\
pq \neq 1

Atope o valor de


\frac{pq+p+1}{q}

0 comentarios:

Post a Comment