15.3.11

Un xogo en 3D...ou 2D?

Para ser rigorosos, no xogo que comento hoxe, Antimatiere, o protagonista é un individuo 3D que se move por un mundo 3D (falso, obviamente, como todo o que ves nunha pantalla 2D) e interactúa con personaxes 3D que foron confinados aos bordes 2D da súa zona: paredes, chan... O protagonista só posúe unha habilidade: pode intercambiar a posición de segmentos 2D da realidade. Con esta única ferramenta terá que ir resolvendo os puzzles que van aparecendo.
Paga a pena xogalo, e instalar o Unity Web Player se é necesario. O xogo, como tantos outros xogos certamente orixinais, está no portal de xogos Kongregate:



0 comentarios:

Post a Comment