11.4.11

Dous remeiros



Hai tempo que non propoño un problema complicado. O de hoxe é o típico problema que podemos resolver de dous xeitos, con Álxebra e sen Álxebra. Resolvelo mediante Álxebra fai que o problema sexa menos interesante, pero ten a vantaxe de que a solución é case automática. Para resolvelo sen a axuda da Álxebra necesitaremos, como é habitual, pensar máis:

Un remeiro entrena nun río, e fai 10 millas a favor da corrente e outras 10 millas en contra da corrente. Outro remeiro entrena nun lago con augas tranquilas, e fai 20 millas. Se os dous teñen as mesmas capacidades como remeiros, cal dos dous tarda máis tempo en facer as 20 millas?

0 comentarios:

Post a Comment