27.5.11

Mellor ilusión do ano 2011

Non estou a falar de nada relacionado co meu traballo de profesor, senón do 7º Concurso da Mellor Ilusión do Ano, do que acabo de saber grazas a Neatorama. Nese post comentan a Morphing Face Illusion, unha das dez finalistas do concurso, que curiosamente non ten efecto sobre min. A ilusión consiste en que, se miras fixamente o punto vermello mentres se move, non percibes a modificación da cara de fondo. Cando o punto detén o seu movemento, o cambio da cara (en realidade, unha sucesión de cambios para transformar unha cara inicial noutra final, típico dos programas de animación como Flash) é moi evidente. Funciona en vós?




(© 2011 Rob van Lier & Arno Koning)

Mentres que si percibo o efecto desta outra ilusión, que está entre os 3 finalistas. Chámase Silencing Illusion, e nela tedes que mirar tamén ao punto branco do centro mentres os círculos cambian de cor. Cando os círculos comezan a rotar arredor do punto, semella que deixan de cambiar de cor, o cal non é certo, como podedes comprobar simplemente deixando de mirar ao punto central:



(© 2011 Jordan Suchow & George Alvarez)

0 comentarios:

Post a Comment