14.5.11

Outro puzzle

Vai para dous meses que non compartía aquí algún xogo "dos de pensar". O último fora Cardboard Box Assembler, xogo 3D que se desenvolvía sobre a superficie dun cubo. Nesta ocasión é Ovrshade, un xogo no que para pasar de pantalla temos como única habilidade especial a capacidade de cambiar as cores da pantalla premendo Z. Aínda que é un puzzle, en certas fases ademais teremos que ser rápidos e hábiles coas teclas. Non é sinxelo, aviso:




0 comentarios:

Post a Comment