28.6.11

Dous triángulos

Un problemiña rápido para estes días de avaliacións, entrega de notas, reunións...

É obvio que con dous triángulos iguais podemos facer unha figura na que atoparmos 3 triángulos facilmente:

A intersección dos dous triángulos é unha figura con 3 lados (neste caso é un triángulo equilátero).
Agora o problema:

Es quen de colocar os triángulos orixinais formando máis de 3 triángulos? Cal é o número máximo de triángulos que podes acadar?
Es quen de colocalos formando na intersección un cuadrilátero?

0 comentarios:

Post a Comment