1.10.11

Tan sinxelo como A, B, C...

Un problema sinxelo pero interesante que aproveitarei algún día, cando haxa tempo, na miña clase de 2º de E.S.O.:

Movendo as letras a cadros contiguos que estean baleiros, intercambia a posición das letras B e C:



(Por se hai algunha dúbida, os tres as teñen que rematar no mesmo sitio)



E para evitar que resolvan o problema por "aburrimento" e tentar que pensen dun xeito máis sistemático e menos aleatorio, engadirei a condición: Quen o fai no menor número de movementos?

0 comentarios:

Post a Comment