16.1.12

Un cadrado e un punto

Hai tempo que non propoño un problema, así que aí vai un sobre ángulos. Ademais póñolle a etiqueta de "rápido" porque para quen saiba (e vexa) o importante, é automático:

Desde que puntos do plano dun cadrado vemos ese cadrado baixo un ángulo de 45º?

Como curiosidade, ante esta figura non podo evitar ver o punto P "detrás" do cadrado.

0 comentarios:

Post a Comment